No DOG nº 222, do 18 de novembro de 2010, publicouse a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

No DOG nº 119, do 22 de xuño de 2012, publicouse o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

No artigo 54 da Lei 9/2010, de augas de Galicia vén recollida unha dedución do 50 % sobre a cota íntegra do canon cando corresponda ós usos destinados a vivenda habitual das familias numerosas que acrediten formalmente tal condición.

Así mesmo, no artigo 52.4. da mesma lei, sinálase que agás proba en contrario, presúmese que unha vivenda está habitada por tres persoas.

Por todo iso,

1º A partir do vindeiro 5 de maio cobrarase o 2º semestre de 2012 da taxa polo servizo de auga potable. Mantéñense os prezos da taxa sen variación. Pero por primeira vez en Meis repercutirase o canon da auga e na parroquia de San Martiño de Meis, ademáis, o coeficiente de vertedura (impostos aprobados pola Xunta de Galicia).

2º Aquelas persoas contribuíntes pola taxa polo servizo de auga municipal que teñan a condición de familia numerosa poderán solicitarlle a Augas de Galicia a dedución do 50 % sobre a cota íntegra do canon, tramitando o procedemento AU230I, ó que se pode acceder en https://sede.xunta.es.

3º Aquelas persoas contribuíntes pola taxa polo servizo de auga municipal polo seu domicilio habitual, no que consten empadroadas máis de 3 persoas, poderán ver reducido o importe do canon da auga tramitando diante de AUGAS DE GALICIA o procedemento AU 230H, ó que se pode acceder en https://sede.xunta.es.

 

Para máis información sobre este asunto poden vostedes consultar a páxina de Augas de Galicia: http://www.canondaauga.es ou ben contactar con Jose Blanco nos teléfonos 986712001, 615522462 ou no correo electrónico joseblanco@meis.es, para concertar cita.