BANDO

Vertidos impropios na depuradora do Fonduxo

JOSE LUIS PEREZ ESTÉVEZ ALCALDE-PRESIDENTE DO

CONCELLO DE MEIS (PONTEVEDRA)

FAGO SABER:

Que o Concello de Meis conta cunha rede de sumidoiros que conduce os vertidos á depuradora do Fonduxo, procedentes das vivendas dos lugares de Outeiro, O Casal e Penaboi na parroquia de Paradela.

Que esta depuradora está a sufrir avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras, debido á presencia nos vertidos de compresas, toalliñas, trapos de cociña e mesmo pneumáticos de ciclomotor.

Xa que logo, apelo á colaboración de toda a cidadanía para contribuír ó bo funcionamento da depuradora evitando tirar eses residuos impropios da rede de saneamento.

O que fago público para xeral coñecemento.

Meis, 25 de novembro de 2014