José Luis Pérez quere agradecer aos veciños de Caticovas a súa implicación e colaboración nesta obra tan necesaria
O alcalde de Meis José Luis Pérez revisou o estado da obra que o concello está a realizar no lugar de Caticovas.
Esta obra comezouse en xuño do ano 2016 coa canalización do saneamento para a cal os veciños do lugar achegaron todo o material necesario e o concello colaborou co persoal para a súa execución, por todo isto José Luis Pérez está enormemente agradecido a todos os veciños do lugar, xa que grazas a esta colaboración púidose executar a obra nun tempo record e hoxe póidaselle dar un servizo moi necesario a unhas 19 vivendas do lugar, porque en menos de 1 ano conseguiuse realizar as 2 fases a primeira coa canalización do saneamento e esta 2 co asfaltado, sinalización e pintado unha obra contemplada no Plan Concellos do 2016 conxuntamente coa de Outeiro de Paradela, “Reposición de firme en Caticovas e Outeiro de Paradela” obra que realiza COVSA cun importe total de 98.652,66 euros.
José Luis Pérez, quere transmitir a través deste comunicado tamén aos veciños de Outeiro de Paradela que en breve comezarase a executar a obra xa que nestes momentos xa dispoñemos de todas as autorizacións de patrimonio.