A actividade, á que asistiu o alcalde, José Luis Pérez, forma parte dos obradoiros municipais de memoria
Dodro acolleu o segundo encontro de maiores entre os integrantes do seu Obradoiro de Memoria e os do concello de Meis. A convivencia celebrouse onte, venres, e pechouse nun ambiente de cordialidade e satisfacción polos resultados acadados.
O encontro contou coa participación dun cento de persoas, a metade de cada municipio. Os de Meis tiveron a ocasión de coñecer o municipio e de intercambiar experiencias cos seus colegas de Dodro, trabando amizade e reforzando habilidades sociais. Todo nun ambiente moi lúdico e enriquecedor.
O alcalde, José Luis Pérez, foi recibido ná comitiva no multiusos de Dodro onde lle deu á benvida, o seu alcalde Valentin Alfonsín Somoza acompañado pola concelleira de Servicios Sociais E Igualdade, Marisol Boga Grela
Xa neste Centro Multiusos chegou o momento de que os alcaldes de cada municipio achegaran datos sobre poboación, territorio, costumes, festas e singularidades de cadanseu concello. Facendo tamén un intercambio de obxectos entre os alcaldes José Luis Pérez e Valentin Alfonsín.
Un xantar de confraternidade deixou moi satisfeitos aos participantes, unha vez percorreron varios sitios emblematicos do concello de Dodro.
O Concello de Meis, que conta con Obradoiros de Memoria en Mosteiro, Paradela, Armenteira e Cabeza de Boi, devolve así unha visita que estaba pendente con este concello que no ano pasado estiveron coñecendo o concello de Meis