O Zacande Fútbol Club conseguiu no día de hoxe o seu merecido ascenso a 1ª rexional ao encaixar soamente un gol do CD Choco B xa que no partido antes disputado o Zacande cultivara un triunfo ao marcar 2 goles e o Choco soamente 1, isto fai que o Zacande hoxe este gozando do triunfo e da gran celebración.
O Zacande é un club cunha antigüidade de máis de 60 anos que pasou por peches e aperturas ao longo destes anos, na actualidade o seu presidente Antonio Fariña, quere lembrar nestes momentos de tanta alegría ao último fundador que fixo rexurdir ao Zacande como o ave Phenix das súas cinzas este home non puido gozar no día de hoxe deste ascenso, xa que o fundou nos meses de verán do ano 2000 e por circustancias da vida faleceu no mes de setembro dese mesmo ano nun accidente de tráfico , este home era Manuel Fernandez, o que o presidente quixo facer unha mención especial no día de hoxe.
A directiva do Zacande esta formado por 10 persoas totalmente involucradas co club:
Presidente: Antonio Fariña
Secretario : Joaquín Muñoz
Tesoureiro : María del Carmen Fariña
Vocais: Adriana, Iria, Lago, Triñanes, Sartal, Juan, Lolita.
O alcalde José Luis Pérez e Jairo Paz gozaron hoxe dunha derrota con sabor doce xa que encaixando soamente un gol estaba conseguido o ascenso e como comentaba Pérez, as cousas con esforzo sempre se conseguen e anima a este club a que siga cultivando éxitos.