A actividade, á que asistiu os concelleiros Ofelia Barral e Jairo Paz continúan hoxe domingo.
O club C.D. MOSTEIRO vén de pechar a súa primeira xornada do campionato que estan realizando ao longo de todo este fin de semana ” 1 CAMPIONATO DE PRE-BENXAMÃN E BENXAMÃN DO C. D. MOSTEIRO” esta previsto que participen un total de 20 equipos con aproximadamente 300 participantes dos cales no día de onte xa pasaron a metade 150.
A pesar das altas temperaturas os nenos puideron gozar dun estupendo terreo de xogo que oubo que regar para minorar a sufocante calor, os equipos que asisten a este campionato chegan desde Santiago , A Illa, Vigo, Ribadumia, Portonovo, Vilagarcía, Pontevedra, Meis, Cuntis.
O club de C.D.MOSTERIO é un club do concello mesino que conta cunha antigüidade de case 65 anos e a súa directiva para querido apostar por realizar este campionato coas categorías sub-7 á sub-10 e así demostrar a gran canteira de futbolistas que temos na provincia.
Nesta ocasión os campións foron o CÉLTICA F.C. DA ILLA que nuns partidos tan igualados cos seus contrincantes tiveron que decidilo a penaltis; aos cales a concelleira Ofelia Barral fixo entrega do seu merecido trofeo, aínda que acompañado polo seu compañeiro Jairo Paz e parte da directiva do C.D.MOSTEIRO entregaron medallas a todos os participantes.
No dia de hoxe se continua co deporte e o compañeirismo grazas ao C.D.MOSTEIRO, “que gañe o mellor”