O concello de Meis atópase nunha situación envexable na comarca.
No día de onte aprobáronse os orzamentos do concello de Meis por un importe de 2.892.720€, sendo o primeiro concello da comarca en sacar á luz os seus números para o ano 2018. O pleno que comezou ás 20:30 h. prolongouse por máis de 2 horas debido ao gran número de puntos que contiña, sendo un dos máis importantes os orzamentos do ano 2018, sendo este concello o 1º en aprobalos na comarca do Salnes e posiblemente de toda a provincia, o orzamento do 2018 increméntase con respecto ao do ano 2017 en case 500.000€, debido á austeridade e boa xestión do goberno destes últimos anos e a comprensión e apoio de todos os veciños e veciñas. Os investimentos en obras para o ano 2018 estipúlanse en máis de 700.000€ aprox. dos cales preto de 400.000€ é o diñeiro que ten que achegar a deputación por lei, e que despois o concello decide en que se inviste como, preto de 300.000€ será dun proxecto realizado desde o concello de Meis, que nos outorga a Deputación de Pontevedra para a mellora da Praza de España. Sen esquecernos das achegas que esperamos recibir tanto de Xunta de Galicia, como de Deputación no ano 2018, podendo alcanzar máis de 1.000.000€ de investimento para o concello de Meis. No tocante a servizos sociais, mantense as cantidades de anos anteriores e mellórase o apartado de cultura e deportes, xa que José Luis Pérez entende que é unha partida a cal había que mellorar xa que por exemplo contamos con asociacións de Futbol no municipio que contan nas súas filas este ano, con equipos femininos e é necesario adaptar as infraestruturas e potenciar este deporte tamén no xénero feminino que se ve que ten un gran futuro neste concello. Meis pasa a ser no ano 2018 como contemplan os orzamentos aprobados no día de onte, o concello que menos gasto ten en cargos políticos na comarca do Salnes, por 2 motivos moi importantes, o 1º e de maior contía é debido a que o primeiro edil José Luis Pérez, exercerá as súas funcións como alcalde acolléndose á xubilación e non percibindo retribucións salariais do concello, co cal xera un aforro de máis de 40.000€ ás arcas municipais, que José Luis Pérez a decidido incorporalo aos orzamentos para incrementar o orzamento de cultura deporte e asuntos sociais e que sexan os veciños e veciñas os que se favorezan e a 2ª e non menos importante é que nestes orzamento reduciuse ao 50% os ingresos que percibían os partidos políticos PP- PSOEdeG-BNG neste concello. Tamén se comproba neste pleno a través dos informes de Intervención que o concello está nun momento inmellorable desde o comezo da crise, polo cal tivo que acollerse ao Plan de Pagos a Provedores e chego a ter unha débeda bancaria de preto de 1.000.000€, a cal nestes momentos está en 340.000€ e neste mes farase unha achega de 75.000€ e esta quedará por baixo dos 270.000€ isto é un 73% menos de débeda, ademais o período de pago a provedores situouse no informe remitido ao ministerio do segundo trimestre en -15 días é dicir que se paga 15 días antes do límite fixado polo estado. Por todo isto José Luis Pérez di que son uns prepuestos moi ambiciosos, transparentes, reais e prudentes, os cales lograsen manter os servizos dos que gozan todas as veciñas e veciños de Meis ata o momento e mellorar a xestión dos fondos públicos.