O Alcalde José Luis Pérez acudiu no día de onte ó Centro Cultural de Meis con motivo da celebración de un dos obradoiros culturais que forma parte da iniciativa do Concello. Tratouse de un obradoiro de confección de traxes de entroido, onde participaron cerca de 45 persoas de entre 55 e 94 anos capitaneados pola Educadora Social Elena Barros Casal.
O Alcalde acompañou os maiores para ver os resultados do obradoiro que foi todo un éxito. Houbo xogos populares como o de “pica o globo”, “tiro ó cubo”, “baile sorpresa”onde os participantes tiñan que bailar coa parexa sorpresa que lle tocase ó azar e ser valorados por un xurado que lles entregaría unas estatuíllas tipo as dos “Oscar” aos vencedores. Tamén houbo teatro, recital de poemas, contos e chistes e unha entrega de libros; e dicir, non faltou detalle para que os nosos maiores disfrutasen dunha tarde de entroido do máis entretida . A actividade comezou as 16:00h e rematou pasadas as 8 da tarde.