O alcalde José Luis Pérez visitou estes días varias das instalacións deportivas repartidas polo municipio, entre as cales se atopaba o Campo de Fútbol O Leixo
José Luis Pérez realizou unha visita ao campo de fútbol O Leixo en compañía do representante da empresa de construcións metálicas que vai ser a encargada de acometer as obras de cerramento dos novos vestiarios cos que contará este campo de fútbol.
O alcalde transmitiulle neste encontro como quería que se realizase a obra e a présa na súa realización, xa que esta é unha demanda das máis urxentes do Club de Fútbol da Armenteira, debido a que ao incorporar ás súas filas equipos femininos teñen a necesidade de ampliar os seus vestiarios e dar un servizo demandado nestes momentos.
A actuación que se vai a realizar nestas instalaciónes é de portas metálicas e xanelas de aluminio similares ás xa existentes no vestiario contiguo, reforzando a seguridade cunhas reixas metálicas nas xanelas.
Cabe lembrar que aínda que a sensación é de que non se está actuando nestas instalacións, o alcalde José Luis Pérez quere recalcar e tranquilizar aos socios , veciños e veciñas de “como moi ben sabe a directiva do Club desde este Concello poden contar con todo o meu apoio incondicional do mesmo xeito que os demais clubs e asociacións deste municipio, comprobárono ao longo destes meses, xa que realizamos traballos que non están perceptibles á vista, pero son moi necesarios como foi o caso da avaría na motor da auga que deixou sen subministro a estas instalacións en varias ocasións o cal se cambiou por un totalmente novo, e a instalación dos canlóns da recollida de auga que ao estar deteriorados filtraban a auga alagando as instalacións e prexudicando ao cadro eléctrico”.
Como di Pérez “os meus veciños saben que estou á súa disposición as 24 horas do día, todos teñen o meu teléfono e desprázome en todo momento onde me soliciten”