Con gallo do Día Da Poesía e da Árbore, o alcalde de Meis José Luis Pérez e a concelleira Ofelia Barral acompañaron a un grupo de alumnos e alumnas do CPI Mosteiro que na mañá de hoxe axudaron a plantar catro árbores na Avenida de Cambados, os alumnos e alumnas puideron participar de forma directa na plantación con palas, sachos e escobóns.
Unha actividade didáctica que gustou moito os escolares e ademais concienciounos na importancia que supón o coidado do medio ambiente e en concreto das árbores. Ao rematar procederon a lerlle ás árbores uns poemas de Antonio Machado e de Rosalía de Castro entre outros, conmemorando así tamén o Día da Poesía.
José Luis Pérez comentou que este tipo de actividades ensinan a os nenos a coidar a natureza ao mesmo tempo que aprenden a reforestar e a importancia que as arbores teñen no ecosistema.