O alcalde de Meis José Luis Pérez acompañado da concelleira Ofelia Barral pasáronse a revisar como se atopa o estado das reformas das obras que se están realizando na casa situada na área recreativa de Porta Pisón na parroquia de San Tomé de Nogueira
Esta casa que se atopa situada nun enclave único, xa que está rodeada de natureza cun río que na súa canle pódense gozar de piscinas naturais, dispoñendo de mesas e bancos para completar unha estancia agradable, pero ao longo dos anos esta casa sufriu númerosos actos vandálicos, por este motivo desde o concello o alcalde José Luis Pérez quixo darlle valor a este enclave natural reacondicionando novamente estas instalacións para as cales tivo que investir unha cantidade de aproximadamente 3000€ en traballos de carpintería que tiveron que realizar unha empresa externa e agora o concello encargásese do tema eléctrico, pintura, e terminar canto antes esta rehabilitación xa que son innumerables todos os usos que se lle poden dar.
José Luis Pérez aposta por optimizar todos os recursos co que este concello dispón, para o goce de todos os seus veciños e veciñas.