- A natureza é un dos activos máis importantes do concello de Meis
No día de hoxe o alcalde Jose Luís Pérez inaugurou na casa de cultura de Meis a exposición dos traballos dos alumnos de 4º de primaria e de 4º da ESO que foron seleccionados no certame de proxectos de Galiciencia, ambos os proxectos están relacionados coa natureza e a súa conservación, como foi o presentado polos alumnos de 4 de primaria relacionado coa xestión do lixo e de como se está levando a cabo a reciclaxe, aínda que o proxecto presentado polos alumnos de 4 da ESO non é menos ambicioso, debido a que o realizaron sobre o cambio climático.
Jose Luís Pérez durante a presentación, tivo que enfrontarse á multitude de preguntas que os mozos lle realizaron por mor dos seus proxectos ademais de transmitirlle varias suxestións, o alcalde quixo agradecer ao CPI de Mosteiro estas iniciativas baseadas no medioambiente e na concienciación dos máis novos con este gran problema que vimos acumulando ao longo dos anos, de igual maneira agradece ás titoras e colaboradoras do proxecto realizado polos alumnos de 4 de primaria como son Pilar González e Mar Rey pola súa gran implicación, como tamén agradece a colaboración de Camilo Ojea (profesor de bioloxía) dos alumnos de 4 da ESO na súa participación do proxecto do cambio climático.
Esta exposición poderase gozar durante 15 días na cal todos os interesados poden comprobar os avances obtidos polos nosos estudantes nesta materia, e de todo o traballo realizado, que consistiu nun estudo de campo, minucioso e detallado da reciclaxe no noso concello, centrándoo nas instalacións de CPI de Mosteiro na súa primeira fase, ampliándoo máis tarde a Mosteiro, revisando papeleiras e contedores comprobando así persoalmente como se está realizando esta reciclaxe. Ao mesmo tempo os alumnos de 4 da ESO colaboraron realizando 119 enquisas e seleccionaron artigos de prensa relativos ao medioambiente, para coñecer como reciclamos nos nosos fogares, tras unha recompilación de todos os datos prepararon un informe detallado coas conclusións e coas recomendacións para a mellora na reciclaxe.
Jose Luís Pérez comento cos alumnos, que é moi agradable o ter mozos que están tan concienciados coa natureza, debido a que non podemos esquecer que a natureza é un dos principais activos que ten o Concello de Meis, polo cal é admirable este compromiso para protexela e coidala, e animounos a continuar coidándoa ao mesmo tempo que a gozan.