- Son capaces de lograr torneos desta calidade, apostando como non podía ser doutra maneira pola inserción da muller no mundo do fútbol, “doulles as grazas e deséxolles os mellores éxitos en diante”
Ao longo do día de onte o alcalde José Luis Pérez gozou do II Torneo de Fútbol Benjamín, celebrado no campo do C.D. Mosteiro en colaboración co concello e que puido contar con 16 clubs participantes que foron: C.D Mosteiro, Salgueiriños C. F, S.D Vilagarcía, Umia F. C, Vilanova, Pontevedra, C. F Moraña, S.D Pontearnelas, Unión Grove, Umia B, Barro, C. F Indepo, A. J Lerez, Atletico Arousá e Armenteira C. F e S.D Vilagarcía B. De todos uns dous clubs participantes eran femininos.
A primeira semifinal xogouse entre o Umia e S.D Vilagarcía dos cales saíu vencedor o Vilagarcía por 0-4 e na segunda semifinal enfrentáronse Vilanova e Salgueiriños no cal no fin do partido o resultado foi 1-1, tendo que ir a tanda de penaltis na cal o gañador resultou ser o Salgueiriños por 2-3.
A final disputouse entre o S.D Vilagarcía e o Salgueiriños conseguindo o triunfo final o Salgueiriños 0-2.
O alcalde José Luis Pérez foi o que tivo a honra de outorgar os Trofeos para os dous primeiros clasificados que foron en primeiro lugar ou Salgueiriños e en segundo lugar ou Vilagarcía, ademais tamén fixo entrega dun obsequio ao máximo anotador que non foi outro que o xogador do Umia Aarón Otero.
O alcade José Luis Pérez agradeceu enormemente o compromiso desta directiva co deporte a cal co seu presidente Manolo á cabeza, son capaces de lograr torneos desta calidade, apostando como non podía ser doutra maneira pola inserción da muller no mundo do fútbol, “ doulles as grazas e deséxolles os mellores éxitos en diante”