No día de onte celebrouse o pleno do concello de Meis, no cal o Grupo de Goberno incluíu na orde do día a amortización da totalidade da débeda do Concello, converténdose así en posiblemente o concello máis saneado da comarca.
Cabe lembrar que ao longo de toda esta lexislatura o alcalde José Luis Pérez centrou todos os seus esforzos en sanear as contas da entidade pública ao mesmo tempo que busca a través de acordos con vecinos e empresas privadas o incremento da creación de emprego, como é o caso do futuro parque acuático que está previsto instálese no concello de Meis, todo un revulsivo económico, non soamente para Meis, senón tamén para todos os concellos limítrofes e porque non dicilo para toda a provincia de Pontevedra.
Polo tanto coa proposta presentada e aprobada neste último pleno, José Luis Pérez, está a conseguir que todos os veciños e veciñas de Meis gocen de ter un concello con débeda cero, e xerar postos de traballo dentro do municipio sen que teñan de desprazarse, podendo conciliar mellor a vida laboral coa familiar, e se xa Meis era un referente no turismo, grazas ao Monasterio de Armenteira e da súa famosa Ruta da Pedra e da Auga, cobrará moito máis renome unha vez conte co seu novo parque acuático, converténdose sen dúbida no centro turístico e de diversión da comarca.
Ademais, no pleno celebrado onte o alcalde José Luis Pérez e o seu Grupo de Goberno presentaron unha moción que cre Pérez é de xustiza, como é que se recoñeza o viño de folla redonda. Nesta votación a moción aprobouse con maioría a excepción do voto negativo do concelleiro do grupo socialista José Ramón Vidal Juviño (da parroquia de San Martiño) que non seguiu os criterios dos seus compañeiros de goberno e decidiu votar en contra desta proposta tan importante para os veciños que traballan e cultivan este tipo de uva. O alcalde José Luis Pérez quere recalcar que o nacemento deste viño foi debido á praga da filoxera que entra na península Ibérica a finais da década de 1 87 0 obrigou aos agricultores afectados a buscar desesperados unha solución, e estes atópana nos “híbridos de produción directa”, entre os cales se atopa o ” folla redonda” ou tinto “tipo Barrantes”.