O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas instalacións da biblioteca e área cultural do Concello; para o que será necesario estar en posesión do título de FP2º grado ou bacharelato.
A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañando do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases se encontran publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).
Presentación de instancias: No prazo de 5 días naturais contados desde a publicación do anuncio nun xornal.