O Pleno Municipal en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”, que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
De conformidade co disposto no Artigo 60.6 da Lei 2/2016, do Solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se considere oportuno. A documentación poderá ser consultada nas oficinas municipais, de 9:00 á 14:00 horas.
Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 47 da lei 2/2016 de 10 de febreiro, do Solo de Galicia e 86 do Regulamento da lei 2/2016, suspende-lo outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, podéndose outorgar licencias baseadas no réxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.