- No día de hoxe o alcalde de Meis, José Luis Pérez, recibiu nas dependencias municipais a 52 alumnos e alumnas de segundo e cuarto de primaria do CPI de Mosteiro-Meis.
Meis ao 17 de decembro 2018.- Esta visita é o punto e final de dous proxectos, Proxecto Localidade e Proxecto Organización do Estado, levados a cabo polos alumnos e alumnas do CPI de Mosteiro- Meis.
Estes proxectos consisten en informarse de como funciona a institución e expuxéronse moitas dúbidas que lle expuxeron ao alcalde coas súas preguntas.
Dentro das preguntas formuladas polos alumnos e alumnas podemos citar algunhas como:
¿Cantos anos leva gobernando?
Ao que o alcalde contestou que leva 20 anos ao servizo dos veciños de Meis e 4 anos de concelleiro.
¿Como se goberna Meis?
Ao que José Luís Pérez contestou que goberna cun equipo de 13 concelleiros e que no concello as decisións tómanse todas por votación. Tamén lles explicou que en caso de empate nas votacións o alcalde ten voto dobre.
¿Como fixo para ser alcalde?
Neste punto José Luís Pérez aclara que ser alcalde non é como optar a calquera posto de traballo, xa que o alcalde se somete á opinión dos veciños e sacar maioría (que nas últimas foi moi por encima do 50%) e que cada catro anos tense que volver presentar. ¿Canto tempo dedícalle a ser alcalde?
José Luis Pérez aclarou que o concello é a administración máis próxima aos veciños e cando un veciño ten un problema acode ao concello e ten que estar dispoñible en calquera momento. É dicir, as 24 horas os 365 días do ano “Case todos os veciños teñen o meu número de teléfono onde unha vez rematada a xornada laboral sigo atendéndoos”.
¿Cantas persoas traballan no concello?
“Os fixos do concello son entre 20 ou 22 persoas e o persoal eventual que adoita estar sobre oito meses son sobre 20 persoas máis. Polo cal adoita haber ao ano entre 30 e 40 persoas traballando no concello”.
Os alumnos tamén participaron explicando o que é unha campaña electoral e quen pode votar. “A maior honra que pode ter unha persoa é ser alcalde do pobo de onde vive” afirmou José Luis Pérez.
O alcalde explícolles que na campaña electoral proponse o que se vai a facer no concello e se aos veciños gústalles vótanche para que o leves acabo, pero é moi importante ser realista nas promesas e por suposto non se pode propoñer o que non se pode realizar.
A parte da entrevista que máis rebullicio causou e máis dúbidas suscitou foi a do Novo Parque Acuático. Neste tema José Luís Pérez explícolles que Meis vai ter o Parque Acuático máis grande de Galicia e que teñen pensado inauguralo para a primavera verán se non xorde ningunha complicación.
A todo isto, xurdiu a posibilidade que o alcalde medie coa empresa para que polo menos unha vez todos os alumnos e alumnas dos centros de ensino de Meis poidan acudir a gozar a instalación totalmente gratis.
Ao final os alumnos entregaron ao alcalde 4 cartolinas que formaron parte do proxecto desenvolvido nas aulas e que estarán no salón de plenos a partir de hoxe.
Acompañados do alcalde os alumnos e alumnas visitaron todas as dependencias do concello que está a ser totalmente renovado na seu andar superior, e recibiron o seu agradecemento polos proxectos realizados e pola visita e como premio ao seu bo facer o alcalde os obsequio cuns caramelos para facer máis doce o regreso ás aulas.