- Este sábado día 29 de decembro, o alcalde de Meis José Luis Pérez gozou novamente da comida de Nadal celebrado polo Club de Fútbol de Mosteiro.
José Luis Pérez volveu compartir como é tradición mesa e mantel coa directiva, xogadores, socios, socias, familiares e simpatizantes do Club de Fútbol de Mosteiro, que na súa tradicional festa de Nadal reúnense para pechar o ano unidos en boa compañía. Foi unha comida moi amena chea de complicidade e diversión, onde os máis pequenos da casa puideron gozar dun colchón inchable completando así esta tarde de entretemento.
O menú consistiu nuns entrantes de primeiro, cun segundo composto por churrasco de porco e de tenreira preparado “ insitu”, que puideron degustar todos os comensais e celebrar así a terminación deste ano 2018.
José Luis agradeceu a todos e a todas esta invitación, e animou á directiva co seu presidente Manolo á cabeza, a continuar co gran traballo que están a realizar cos mozos inculcándolle a través do deporte a responsabilidade e o compañeirismo, o alcalde aproveitou para desexarlles un ano novo cheo de vitorias e de recoñecementos, que está seguro de que así será.