Don José Luis Pérez actual alcalde e o seu predecesor Don Jorge Casal foron os encargados de descubrir a placa
- Foi un acto moi emotivo, ao que asistiron unha multitude de veciños ademais de políticos de renome como a Presidenta do Congreso, Ana Pastor, o Vicepresidente @de la Xunta de Galicia, acompañado do delegado da Xunta de Galicia Cores Tourís e a senadora Mesina, Marta Lucio.
No día de hoxe tivo lugar a inauguración da que a partir de hoxe coñecerase como Rúa Alcalde D. Jorge Casal Pintos. A rúa en cuestión e a vía principal para acceder ao centro escolar de Mosteiro, onde foi profesor D. Jorge Casal e a primeira rúa en ser asfaltada cando D. Jorge era rexedor de Meis.
Ao acto que tivo lugar ás 13:30 h, foi un acto moi emotivo que unha inmensa maioría de veciños e veciñas non quixeron perderse, un acto ao que asistiu persoas moi relevantes da política activa, como a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, acompañado do delegado da Xunta de Galicia Cores Tourís e a senadora Mesina, Marta Lucio e antigos políticos de renome como o ex presidente do Partido Popular D. Rafael Louzán amigo e colaborador de ambos os alcaldes que non quixo perder esta ocasión.
Tamén a este evento asistiron multitude de empresarios e compañeiros de partido e de Goberno de D. Jorge Casal, que un o seu discurso agradeceu a todos os veciños de Meis e moi especialmente ao grupo de goberno actual co seu alcalde á cabeza José Luis Pérez que lle quixeran lembrar desta forma tan entrañable. Pola súa banda o actual rexedor José Luis Pérez no seu discurso só tivo palabras de agradecemento cara ao que foi o seu mentor “Que podo dicir de D. Jorge, unha excelente persoa, un gran profesor e director e un inesquecible alcalde de Meis que deixo pegada en todos nós pola súa humanidade e o sacrificio persoal e familiar nos seus 20 anos de servizo á fronte do concello”.
O alcalde José Luis Pérez lembrou que foi un gran incentivo o poder substituír no cargo como alcalde de Meis a D. Jorge, algo que fixo con respecto e moita ilusión, pero tamén sendo coñecedor de que quedara o listón moi alto e que el tiña que mantelo a ese nivel, por todo isto, José Luis Pérez e os seus compañeiros no grupo de Goberno tomaron a decisión de honrar a este gran home poñéndolle o seu nome a esta rúa. Unha vez rematado os actos puideron brindar todos xuntos cun viño da zona.