O Concello de Meis pretende a contratación laboral temporal a xornada completa e por un período de 3 meses, mediante un contrato eventual por acumulación de tarefas, dunha persoa como administrativo para prestar servizo nas oficinas municipais, para o que será necesario estar en posesión do título de FPII, bacharelato ou equivalente.
A selección realizarase mediante a valoración de méritos e entrevista, para o que deberán presentar instancia dirixida á alcaldía nas oficinas municipais acompañada do DNI, copia da titulación e dos méritos alegados. As bases estarán publicadas na páxina web do Concello (www.meis.gal).
Presentación de instancias: Prazo de 5 días hábiles contados desde a publicación do anuncio neste xornal.
Lista provisional aspirantes admitidos e excluídos Publicada o 07/08/2019
Anuncio lista definitiva aspirantes, data constitución tribunal e data de realización das entrevistas Publicado o 13/08/2019
Publicación puntuacións Publicado o 22/08/2019