A restauración do cruceiro de Brea, sito en San Lourenzo de Nogueira, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e probablemente podemos datalo no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409,50 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Brea – S. Lourenzo de Nogueira ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2019”.