ANUNCIO
PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.
Por mor da declaración do estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo de 2020), o Concello de Meis veuse na obriga de paralizar os procesos selectivos iniciados no seu momento.
En vista da situación actual, vanse retomar estes procesos coas seguintes modificacións para axustar a solicitude inicial ao novo escenario:
- Levarase a cabo a contratación de 10 persoas desempregadas (inicialmente eran 9).
- A duración dos contratos será de 7 meses (inicialmente eran 8).
- Engádese a seguinte ocupación a solicitar para cubrir esa contratación a maiores:
OCUPACIÓN | Nº POSTOS | CÓDIGO |
Peón forestal | 1 | 6410 |
4. Entrevistas:
OCUPACIÓN | DÍA | HORA |
Instalador electricista | 19/05/2020 | 10:00 |
Fontaneiro | 19/05/2020 | 10:30 |
Pintor | 19/05/2020 | 11:00 |
Carpinteiro | 19/05/2020 | 11:30 |
Peón obras públicas | 20/05/2020 | 10:00 |
Albanel | 20/05/2020 | 11:00 |
Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do
Concello de Meis (Pontevedra)
FAGO SABER:
Que a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Meis unha subvención por importe de 108.905,49 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do xoves 2 de xaneiro de 2020). Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses.
As ocupacións que se van solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días serán as seguintes:
OCUPACIÓN | Nº POSTOS | CÓDIGO |
Albaneis | 2 | 7121 |
Electricista | 1 | 7510 |
Fontaneiro/a | 1 | 7221 |
Pintor/a | 1 | 7212 |
Carpinteiros/as | 2 | 7131 |
Peón obras públicas | 2 | 9601 |
DECRETO 2020-0103 [Decreto aprobación bases proceso selectivo PLAN CONCELLOS 2020]
Resultados_Oferta_12-2020-2524
Resultados_Oferta_12-2020-2500
Resultados_Oferta_12-2020-2508
Resultados_Oferta_12-2020-2547
Resultados_Oferta_12-2020-2590
Resultados_Oferta_12-2020-2560
Resultados_Oferta_12-2020-3219