Marta Giráldez Barral, Alcaldesa-Presidenta do
Concello de Meis (Pontevedra)
FAGO SABER:
Que unha vez a situación de emerxencia sanitaria que deu lugar á declaración do Estado de Alarma se vai compoñendo, e imos cara a “Nova Normalidade” a partir do martes 26 de maio reabrirase o Punto Limpo situado no Mercado de Gando nas mesmas condicións de antes:
O Punto Limpo é exclusivamente para persoas particulares con veciñanza en Meis.
O uso do Punto Limpo está PROHIBIDO A EMPRESAS.
Os días e horas no que estará aberto o Punto Limpo son os que se indican a continuación:
– Martes e Xoves: Dende as 09:00 ata as 13:00 horas.
– 1º e 3º sábado do mes: Dende as 09:00 ata as 13:00 horas.
O que fago público para xeral coñecemento e debido cumprimento.