A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2020, unha subvención por importe de 108.905,49 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas durante 8 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018).
Con motivo da crise sanitaria provocada polo COVID-19 tivemos que facer unha reformulación da solicitude inicial para adaptala á nova situación. A raíz desta reformulación, a Deputación de Pontevedra adoptou unha modificación do acordo inicial na súa sesión ordinaria do 22 de maio de 2020 e concedeunos unha subvención por importe de 106.909,60 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2020 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 10 persoas desempregradas durante 7 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018).
Por decreto de Alcaldía de 28 de maio de 2020 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante 7 meses, de 10 persoas desempregadas: 2 peóns de obras públicas en xeral, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 electricista, 2 albaneis, 2 carpinteiros/as e 1 peóns forestal. Os contratos iniciáronse o 1 de xuño de 2020.
O coste salarial total destas contratacións ascende a 110.474,00 € polo que a aportación municipal será de 3.564,40 €.
As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.