A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Meis unha subvención por importe de 109.968,48 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2021 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do luns 4 de xaneiro de 2020).

Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 8 meses.

As ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:

 

OCUPACIÓN

Nº POSTOS

CÓDIGO

Albaneis

2

7121

Electricista

1

7510

Fontaneiro/a

1

7221

Pintor/a

1

7212

Carpinteiro/a

1

7131

Peón obras públicas en xeral

2

9601

Peón forestal

1

6410 / 9543*

*Recibida aclaración do Servizo Público de Emprego informamos que o código de ocupación do posto de peón forestal relativa a esta oferta é o 9543.

 

Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.