Na Resolución de Alcaldía 2021-0148 do 11/03/2021, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para confeccionar unha listaxe de reserva para contratacións temporais na categoría de traballador/a social mediante o sistema de concurso oposición libre.

O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).

CONVOCATORIA PUBLICADA NO BOPPO Nº55 DE DATA 23/03/2021

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DENDE O 24/03/2021-02/04/2021

DATA DO PRIMEIRO EXAME 22/04/2021 ÁS 12:00 H NO CENTRO MULTIUSOS DO MOSTEIRO

DATA DO SEGUNDO EXAME 07/05/2021 ÁS 9:30 H NO CENTRO MULTIUSOS DO MOSTEIRO