A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 12 de febreiro de 2021, unha subvención por importe de 109.968,48 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2021 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas durante 8 meses, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 1 do luns 4 de xaneiro de 2021).
Por decreto de Alcaldía de 26 de marzo de 2021 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante 8 meses, de 9 persoas desempregadas: 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a, 2 peóns de obras públicas en xeral e 1 peón forestal. Os contratos iniciáronse o 6 de abril de 2021.
O coste salarial total destas contratacións ascende a 112.628,88 €, polo que a aportación municipal será de 2.660,40 €.
As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.