
A restauración do hórreo da Gándara, en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. Esta obra, por valor de 16.746,40 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de POntevedra para Restauración e conservación do hórreo da Gándara ao abeiro das subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020.



