O EDNL do CPI do Mosteiro-Meis acaba de involucrarse no proxecto Galicia Nomeada que promove a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa
Xunta de Galicia para recoller, organizar e poñer en valor os microtopónimos do noso Concello.
Para isto a RAG e a Xunta de Galicia desenvolveron unha app que permite, de maneira moi doada, recoller os topónimos e situalos sobre un mapa.
Os nomes dos lugares para os galegos non son un asunto menor:
vivimos no territorio de Europa onde maior concentración de topónimos existe por metro cadrado. Por iso, a Real Academia Galega propuxo que a nosa toponimia fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.