A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”, por un importe de 45.000,00 €, con cargo ás subvencións para redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, que comprende a redacción do proxecto CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS NA ANTIGA PO-300 E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NO NÚCLEO RURAL DE ZACANDE (custo total da redacción do proxecto 50.000,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).
Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra