O programa❞ 𝐋𝐄𝐂𝐄𝐑 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀❞ caracterízase en ofrecer unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), períodos non lectivos ou vésperas de festivos nun establecemento hoteleiro de tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión.
 

▶️𝑷𝑬𝑹𝑺𝑶𝑨𝑺 𝑩𝑬𝑵𝑬𝑭𝑰𝑪𝑰𝑨𝑹𝑰𝑨𝑺
Todas as persoas integrantes dunha unidade familiar con menores a cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra.
 
👉Requisitos:
– Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
 
👉 A entrada nos establecementos será pola tarde e a saída o día seguinte ao mediodía.
 
▶️ R̲É̲X̲I̲M̲E̲ X̲E̲R̲A̲L̲:̲ A Deputación subvencionará 60 euros do custo total da praza para as persoas maiores de 12 anos e 30 para as de 3 a 12 anos. O prezo das prazas destas e destes menores será o 50% do prezo da praza de persoa adulta ou maior de 12 anos, mentres que as e os menores de 3 anos irán de balde.
 
▶️ R̲É̲X̲I̲M̲E̲ E̲S̲P̲E̲C̲I̲A̲L̲:̲ A deputación subvencionará o 100% do prezo de adxudicación.(Beneficiarios da RISGA ou perceptores do IMV.
 
ℹ️ PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: dende o 08 ata o 21 de novembro. PEDIRÁN CITA PREVIA nos 📌Servizos sociais comunitarios 📞615299895.