A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 58.382,99 € correspondente ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2022 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024), mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), para a obra “Mellora do camiño municipal (Couso-O Batán) de acceso a parcelas agrícolas nas parroquias de A Armenteira e Meis”.