No BOP núm. 233 do venres 29 de novembro de 2024 publicouse unha resolución pola que se lle dá publicidade ao Calendario Fiscal para o exercicio 2025.
Para a súa comodidade pode domiciliar os seus tributos ou adherirse ao Plan Personalizado de Pagos a través da Oficina Virtual Tributaria do ORAL (https://ovt.depo.gal) ou en calquera das oficinas do ORAL.
Os ingresos poderán realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación de Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).
Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell, Banco Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático, por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos), mediante xiro postal en CORREOS e, tamén, con Bizum e con tarxeta na rede oficinas do ORAL.


