A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional convoca 647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025

Requisitos de participación:
Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos durante o curso 2024/2025, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incursa/o nalgunha prohibición para a subvención.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2023/2024.
Nota mínima na materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6 no curso 2023/2024.
Ter DNI ou NIE en vigor, segundo corresponda. Dispoñer de pasaporte e documentación que permita viaxar ao estranxeiro.

Destinos:
Os idiomas que se convocan son inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal e alemán en Alemaña.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2025, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

Prazo:
Prazo de solicitudes aberto dende 4/02/2025 ata o 3/03/2025 (incluído).

Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2025 en http://www.edu.xunta.es/axudasle

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED504B

Para maior información as persoas interesadas informaranse na OMIX do Concello, no Centro Multiusos (Praza de España, 18 O Mosteiro), teléfono 986712277/615299794