A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través da Dirección Xeral de Formación Profesional, convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de abril e xuño de 2025.
R̲E̲Q̲U̲I̲S̲I̲T̲O̲S̲ D̲A̲S̲ P̲E̲R̲S̲O̲A̲S̲ A̲S̲P̲I̲R̲A̲N̲T̲E̲S̲:̲

Ser maior de dezaoito anos ou cumprir esa idade no ano 2025.

Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2024/25, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:

Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

̲️̲ R̲E̲A̲L̲I̲Z̲A̲C̲I̲Ó̲N̲ D̲A̲S̲ P̲R̲O̲B̲A̲S̲:̲

𝘾𝙤𝙣𝙫𝙤𝙘𝙖𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙚 𝙖𝙗𝙧𝙞𝙡: a proba terá lugar o día 11 de abril de 2025.

𝘾𝙤𝙣𝙫𝙤𝙘𝙖𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙚 𝙭𝙪𝙣̃𝙤: a proba terá lugar o día 6 de xuño de 2025.

𝑷𝑹𝑨𝒁𝑶 𝑫𝑬 𝑷𝑹𝑬𝑺𝑬𝑵𝑻𝑨𝑪𝑰𝑶́𝑵 𝑫𝑬 𝑺𝑶𝑳𝑰𝑪𝑰𝑻𝑼𝑫𝑬𝑺

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

Para a convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

Para a convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.
Tamén podes 𝑖𝑛𝑓𝑜𝑟𝑚𝑎𝑟te 𝑛𝑎 𝑂𝑀𝐼𝑋 𝑑𝑜 𝐶𝑜𝑛𝑐𝑒𝑙𝑙𝑜, 𝑛𝑜 𝐶𝑒𝑛𝑡𝑟𝑜 𝑀𝑢𝑙𝑡𝑖𝑢𝑠𝑜𝑠𝑑𝑜 𝑀𝑜𝑠𝑡𝑒𝑖𝑟𝑜 (𝑃𝑟𝑎𝑧𝑎 𝑑𝑒 𝐸𝑠𝑝𝑎𝑛̃𝑎, 18 𝑂 𝑀𝑜𝑠𝑡𝑒𝑖𝑟𝑜), 𝑡𝑒𝑙𝑒́𝑓𝑜𝑛𝑜

986712277/615299794