A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2025, unha subvención por importe de 106.751,62 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2025_liña 3: activación do Emprego 2025, para levar a cabo a contratación de 7 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésimo primeira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº1, do xoves 2 de xaneiro de 2025).
Os contratos levaranse a cabo en dúas quendas, a xornada completa, e as ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:
|
OCUPACIÓN |
Nº POSTOS |
DURACIÓN |
CÓDIGO OCUPACIÓN |
1ª QUENDA |
Fontaneiro/a |
1 |
8 meses |
72211012 |
Peón obras públicas en xeral |
3 |
8 meses |
9601 |
|
2ª QUENDA |
Albanel |
1 |
8 meses |
71211015 |
Electricista |
1 |
8 meses |
75101033 |
|
Pintor/a |
1 |
8 meses |
72311035 |
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a súa situación no Servizo Público de Emprego de Cambados.
Os candidatos/as para peón de obras públicas e fontaneiro teñen a entrevista o mércores 12/03/2025 ás 9:30 horas no centro multiusos.
Os candidatos/as para albanel, electricista e pintor teñen a entrevista o luns 17/03/2025 ás 9:30 horas no centro multiusos.