SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS ÁS COMISIÓNS DE FESTAS POPULARES, TRADICIONAIS E GASTRONÓMICAS DO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVAN ACCIÓNS NO EIDO DA CULTURA E FORMACIÓN NO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”, por un importe de 45.000,00 €, con cargo ás subvencións para redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, que comprende a redacción do proxecto CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS NA ANTIGA PO-300 E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NO NÚCLEO RURAL DE ZACANDE (custo total da redacción do proxecto 50.000,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “SUBMINISTRO DE REDUTORES DE VELOCIDADE E BIONDAS”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “SUBMINISTRO DE REDUTORES DE VELOCIDADE E BIONDAS” por un importe de 13.246,92€ con cargo á liña 1 do Plan de Obras e Servizos 2022-2023 – anualidade 2023 (Plan Concellos 2022-2023).

Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra