Aquí mostramos un programa amplo que abrangue dende o 𝒅𝒐𝒎𝒊𝒏𝒈𝒐 13 𝒅𝒆 abril 𝒂𝒕𝒂 𝒐 𝒅𝒐𝒎𝒊𝒈𝒏𝒐 20 𝒅𝒆 abril.𝓥𝓲𝓼𝓲́𝓽𝓪𝓷𝓸𝓼 𝓹𝓪𝓻𝓪 𝓹𝓸𝓭𝓮𝓻 𝓿𝓲𝓿𝓲𝓵𝓸 𝓭𝓮 𝓬𝓮𝓻𝓬𝓪


Aquí mostramos un programa amplo que abrangue dende o 𝒅𝒐𝒎𝒊𝒏𝒈𝒐 13 𝒅𝒆 abril 𝒂𝒕𝒂 𝒐 𝒅𝒐𝒎𝒊𝒈𝒏𝒐 20 𝒅𝒆 abril.𝓥𝓲𝓼𝓲́𝓽𝓪𝓷𝓸𝓼 𝓹𝓪𝓻𝓪 𝓹𝓸𝓭𝓮𝓻 𝓿𝓲𝓿𝓲𝓵𝓸 𝓭𝓮 𝓬𝓮𝓻𝓬𝓪
A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis, na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 21 de febreiro de 2025, unha subvención por importe de 106.751,62 € con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2025_liña 3: activación do Emprego 2025, para levar a cabo a contratación de 7 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Cuadraxésimo primeira do Capítulo III do citado plan (BOPPO nº1, do xoves 2 de xaneiro de 2025). (máis…)
Na Resolución de Alcaldía 2025-0052 do 07/02/2025, aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal por circunstancias da produción dun/ha auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Do 20/02/25 ata o 05/03/25.
Para presentación da solicitude a través da sede electrónica do concello pinchar aquí.
O concello de Meis recibiu dúas subvencións do INEGA, reguladas pola Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos Programas de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo ao amparo do instrumento temporal NextGenerationEU. Anualidades 2021-2023 (código IN422J-IN422K), para: (máis…)