Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 67.558,18 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE TRACTOR” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 10.312,83 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 3.844,36 €  con destino ao investimento “SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO PARA A “CASA DE ESCUDEIRO”” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

CLAUSURA LUDOMEIS VERÁN 2017

No CPI Mosteiro do concello de Meis clausurouse as actividades de conciliación Ludomeis Verán 2017, na que un total de 250 nenos gozaron ao longo de 4 quincenas nos meses de xullo e agosto de actividades de difentes temáticas, complementadas con saídas á praia, excusiones e piscina.

A banda Municipal de Meis foi a encargada de abrir o evento no día de onte, na cal os nenos e pais asistentes puideron gozar de varias pezas musicais duns novísimos músicos, continuando a actividade nos inchables montados para a ocasión sendo un dos tobogáns acuático para o goce dos máis arriscados, a festa infantil terminou coa tradicional festa da escuma.

O alcalde José Luis Pérez agradece a todo o persoal ben do concello ou externo a súa gran dedicación e profesionalidade á hora da educación e coidado dos pequenos nos meses de verán, esperando que o ano que vén volvan gozar con este gran equipo.

EXPLORANDO MEIS

O pasado 31 de xullo rematou a actividade de lecer á mocidade de Meis, coa intención de dar a coñecer en profundidade as tradicións, o patrimonio artístico, lúdico, cultural e culinario da nosa vila. (máis…)

A FGF E O CONCELLO DE MEIS ORGANIZAN O PRIMEIRO CURSO INTENSIVO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O curso foi presentado  no Concello de Meis e desenvolverase do 7 ao 31 de agosto

A Federación Galega de Fútbol e o Concello de Meis poñen en marcha o primeiro curso de monitor de fútbol base de carácter intensivo que se celebra na provincia de Pontevedra. A actividade foi presentada esta mañá polo alcalde de Meis, José Luis Pérez, o directivo da FGF, Amancio Varela, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, que estiveron acompañados por representantes dos clubs de fútbol locais (Armenteira, Mosteiro e Zacande). (máis…)