Recollida de enseres voluminosos e material de obras

O Concello de Meis ten á disposición dos seus veciños dous Contedores (un para a recollida de enseres voluminosos e outro para material de obras), ubicados nas instalacións do Mercado de Gando.

Deste servizo unicamente pódense beneficiar os particulares, quedando terminantemente prohibido o seu uso para as empresas.

Xa que logo, apelo a boa colaboración dos veciños de Meis, para que non depositen este tipo de material nos habituais contedores de resíduos sólidos urbanos (de cor verde), evitando cunha correcta reciclaxe o encarecemento do Servizo de Recollida do Lixo que pagamos entre todos.

Conexións impropias na Rede de Sumidoiros

Que, como consecuencia de conectar as baixantes de pluviais dos tellados dalgunhas vivendas á rede municipal de sumidoiros, as súas tapas levántanse pola enchente de auga, provocando avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi costosas.

Xa que logo, apelo a boa colaboración dos usuarios da rede, para que comproben os seus enganches, e no seu caso, procedan a conectar debidamente os mesmos, evitando sancións non desexables para ningúen.

Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.620,85 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS”, dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

TES+BUS

Trátase do Programa de transporte escolar compartido, co que a Xunta de Galicia facilita os seus desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público.
Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios, atendendo sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús.
Descargar: DIPTICO_Meis