💌III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL🎄CONCELLO DE MEIS🌟

O Concello de Meis convoca o III Concurso de postais de Nadal a celebrar 💫no ano 2024.
 
🔸Poderán participar no Concurso de postais de Nadal aquelas persoas de entre 3 e 16 anos, empadroados no Concello de Meis ou matriculados no CRA de Meis, CEIP Armenteira ou CPI Mosteiro Meis.
 
🔸Cada participante presenterá un único traballo ben en solitario ou ben grupal.
 
🔸Os traballos deberán facer alusión ao Nadal.
 
🔸Os traballos realizaranse en tamaño medio folio ( A5).
 
✍️O prazo de entrega dos traballos manterase aberto ata o luns 9 de decembro ás 14.00h, no Concello de Meis ou centros educativos.
 
👉Aquí deixamos ampliadas as BASES a ter en conta para participar:⤵️

⛲️𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 ❞ 𝐋𝐄𝐂𝐄𝐑 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀❞ 𝟐𝟎𝟐𝟒🚴‍♂️ da Deputación Pontevedra

O programa❞ 𝐋𝐄𝐂𝐄𝐑 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀❞ caracterízase en ofrecer unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), períodos non lectivos ou vésperas de festivos nun establecemento hoteleiro de tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión.
 

(máis…)

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS ÁS COMISIÓNS DE FESTAS POPULARES, TRADICIONAIS E GASTRONÓMICAS DO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVAN ACCIÓNS NO EIDO DA CULTURA E FORMACIÓN NO CONCELLO DE MEIS PARA O ANO 2024

PRAZO MÁXIMO DE XUSTIFICACIÓN: 30 DE NOVEMBRO DE 2024

ANEXOS para xustificación:

Para presentar a xustificación, farase a través do procedemento da instancia xeral da sede electrónica do concello. Pinchar aquí

PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTAXE DE PERSOAL FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A COBERTURA DE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A (SUBGRUPO C2)

Convocanse ás persoas aspirantes ás 11:30 horas do mércores día 13 de novembro de 2024, no Edificio Multiusos do Concello de Meis (Praza de España, 18 – O Mosteiro, Meis) para a realización da proba teórica tipo test  (fase oposición) conforme ao establecido nas Bases que rexen o proceso.

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Pagamento de débedas a acredores de gasto corrente e investimentos”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Pagamento de débedas a acredores de gasto corrente e investimentos” por un importe de 162.558,02€, cun orzamento total por importe de 169.102,88 €, con cargo á liña 2 do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan +Provincia) 2024.

Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

UNICO – Demanda Rural

HISPASAT es la empresa adjudicataria del programa ÚNICO Demanda Rural promovido por el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, que regula la concesión de ayudas para:

La prestación de un servicio asequible de conexión de banda ancha a
una velocidad mínima de transmisión de 100Mbps, principalmente en
zonas rurales remotas, dispersas y de baja densidad de población.

Cubrir los gastos relacionados con el alta de usuarios finales para acceder
a dicho servicio: equipamiento, instalación y puesta en funcionamiento.

Dirigido a personas físicas, autónomos, pymes, entidades sin ánimo de lucro y ayuntamientos.

+ información: www.conectate35.es

Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para a “Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora”, por un importe de 45.000,00 €, con cargo ás subvencións para redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, que comprende a redacción do proxecto CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS NA ANTIGA PO-300 E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NO NÚCLEO RURAL DE ZACANDE (custo total da redacción do proxecto 50.000,00€: 90% con cargo á Deputación Provincial e o restante 10 % con cargo ao Concello ).

Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra