SUBVENCIÓNS A “ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON POBOACIÓN INFERIOR A 50.000 HABITANTES PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DO PIREP LOCAL”.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas na convocatoria do PIREP LOCAL, por un importe de 4.840€, para “REHABILITACIÓN DE CENTRO DEPORTIVO PARA A MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E CONDICIÓNS DE SALUBRIDADE”.

Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra

Do Alto da Serra a Zafarina: Meis en microtopónimos

O EDNL do CPI do Mosteiro-Meis acaba de involucrarse no proxecto Galicia Nomeada que promove a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa
Xunta de Galicia para recoller, organizar e poñer en valor os microtopónimos do noso Concello.

Para isto a RAG e a Xunta de Galicia desenvolveron unha app que permite, de maneira moi doada, recoller os topónimos e situalos sobre un mapa.

Os nomes dos lugares para os galegos non son un asunto menor:
vivimos no territorio de Europa onde maior concentración de topónimos existe por metro cadrado. Por iso, a Real Academia Galega propuxo que a nosa toponimia fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

Descargar folleto de cómo participar

AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN

O concello de Meis obtivo dúas subvencións de Augas de Galicia destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración. AU300A:

-Denominación da obra: “TELEXESTION DA EBAL E DAPS MUNICIPAIS”
Orzamento: 35.252,35€
-Importe de adxudicación: 35.132,35€
-Situación das obras: EBAL MOSTEIRO, DAP SANTO TOME, DAP COLEGIO A ARMENTEIRA, DAP SAN MARTIÑO. MEIS. PONTEVEDRA (máis…)

Plan de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES)

O Concello de Meis obtivo unha axuda para a asistencia técnica na
elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) por un importe de 4.000,00 €, a través das as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Orde do 26 de xaneiro de 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014 – 2020.

Mercado de abastos municipal

O Concello de Meis ven de realizar obras de REFORMA DO MERCADO DE ABASTOS MUNICIPAL, sito na Praza de España do Mosteiro, cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 50.000,00 € (desglosados da seguinte maneira: 75% do FEADER, 7,5 % do MAPAMA, e 17,5% da XUNTA DE GALICIA), e outra subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 36.000,00 €. (máis…)

APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES; E DO ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN, ESTRUTURA DE CUSTOS E ESTUDIO DE VIABILIDADE DO CONTRATO DE CONCESIÓN

Polo Pleno Municipal en sesión do 2 de outubro de 2020, adoptouse o acordo de: aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables; e aprobación inicial do anteproxecto de explotación, da estrutura de custos e do estudio de viabilidade do contrato de concesión. Os documentos arriba relacionados sométense a a exposición pública durante trinta días hábiles a efectos de reclamacións, suxestións ou aportacións. No caso de non presentarse ningunha os expedientes entenderase definitivamente aprobados.

REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS E ASIMILABLES

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DOS SERVIZOS

Anuncio BOP 19-10-2020