Centro de Acollida e Protección de Animais

Desde o pasado 8 de abril de 2013 está funcionando o Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia (CAAN), baixo a supervisión da Deputación de Pontevedra. O CAAN, que aspira a reducir o número de abandono de animais, é un exemplo de colaboración e apoio entre institucións.

Que facer se atopas un animal abandonado:

Se atopas un animal abandonado poderás dirixirte ó concello (de luns a venres no horario de atención ó público) 986712001 ou á Protección Civil de Meis 986712211, que será quen se encargue de canalizar o aviso ó CAAN a través das canles oficiais xa determinadas.

Para máis información,  pincha aquí e accederas á páxina web da CAAN.

Redución do importe do canon da auga

No DOG nº 222, do 18 de novembro de 2010, publicouse a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

No DOG nº 119, do 22 de xuño de 2012, publicouse o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. (máis…)

Recollida de enseres voluminosos e material de obras

O Concello de Meis ten á disposición dos seus veciños dous Contedores (un para a recollida de enseres voluminosos e outro para material de obras), ubicados nas instalacións do Mercado de Gando.

Deste servizo unicamente pódense beneficiar os particulares, quedando terminantemente prohibido o seu uso para as empresas.

Xa que logo, apelo a boa colaboración dos veciños de Meis, para que non depositen este tipo de material nos habituais contedores de resíduos sólidos urbanos (de cor verde), evitando cunha correcta reciclaxe o encarecemento do Servizo de Recollida do Lixo que pagamos entre todos.

Conexións impropias na Rede de Sumidoiros

Que, como consecuencia de conectar as baixantes de pluviais dos tellados dalgunhas vivendas á rede municipal de sumidoiros, as súas tapas levántanse pola enchente de auga, provocando avarías que poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi costosas.

Xa que logo, apelo a boa colaboración dos usuarios da rede, para que comproben os seus enganches, e no seu caso, procedan a conectar debidamente os mesmos, evitando sancións non desexables para ningúen.

TES+BUS

Trátase do Programa de transporte escolar compartido, co que a Xunta de Galicia facilita os seus desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público.
Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios, atendendo sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús.
Descargar: DIPTICO_Meis