Aprobación inicial da modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meis

O Pleno Municipal en sesión celebrada o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”, que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. (máis…)

Aprobación inicial de proxecto de urbanización do plan especial que ten por obxecto o establecemento dun parque didáctico e de lecer.

A Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 4 de decembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao proxecto de urbanización do Plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico, que ten por obxecto o establecemento dun parque didáctico e de lecer en terreos clasificados como solo rústico forestal do lugar de Penente da Parroquia de Nogueira. O documento foi presentado por CRELPABE SL e está redactado por “espinosa&rodríguez architects projets mangers S.L.”. (máis…)

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 43.393,34 € con destino á “AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS” , incluídas na liña 2  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.