O Concello de Meis está traballando na recuperación das rutas dos muíños, moi abundantes neste concello. Realizáronse traballos de recuperación no lugar de Arcos, coa creación dunha praia fluvial, unha área recreativa e a conservación de varios muíños; no lugar de As Salcedas recuperouse un muíño de cubo; e no rego da Armenteira recuperáronse 10 muíños, creouse unha zona peoníl para poder visitalos e estase instalando nas inmediacións unha aldea rural de pedra.
Augas
A auga no noso país é un ben escaso e valioso; utilizala de forma racional é unha obriga de tódolos cidadáns, para asegurar ás próximas xeracións un mundo habitable. A cantidade total de auga que hai na terra é de aproximadamente1,28.10(9) Km3. De toda a auga da terra só o 2.6 % é doce, pero desta o 98 % está en forma de xeo,, e con isto solamente debemos de arranxarnos os seres vivos.
Nunha cidade o ciclo da auga comeza nos puntos de abastecemento dende onde se conduce ata as prantas potabilizadoras para facela apta para o consumo e distribuíla. As augas utilizadas (residuais) son conducidas pola rede do rede de sumidoiros ata as prantas depuradoras onde son tratadas antes de ser vertidas ó mar
As fontes de subministro da auga normalmente proveñen de dous tipos de recursos: as augas superficiais e as augas subterráneas.
A continuación vén o subministro da auga que normalmente se leva a cabo por unha empresa que garantirá o cumprimento dos requisitos hixiénico-sanitarios de potabilidade .
A auga nunha cidade destínase basicamente a uso doméstico, industrial ou comercial e a servizos municipais como o rega ou a limpeza das rúas. Unha completa rede de distribución conduce a auga dende os orixes ata estes puntos de consumo.
A miúdo, infraestrutura como a rede de sumidoiros, tan importantes para o bo funcionamento dunha gran cidade, son case descoñecidas pola maioría da xente. Lonxe de ser un elemento pasivo que se limitaría a transportar ata o mar as augas pluviais e residuais da cidade, a rede de sumidoiros permite controlar diversas variables para reducilos riscos de inundación ou previr posibles contaminacións producidas por descargas incontroladas.
Despois de ser utilizadas, parte das augas son conducidas a través da rede de rede de sumidoiros ata a estación depuradora onde son tratadas .
A auga é esencial para a vida de calquera cidade, concello ou pobo.
Enerxía
Calquera sistema, tanto se se trata dun ser vivo, dunha máquina ou dunha cidade, base o seu funcionamento en entradas e saídas de enerxía e de materiais.
As formas de enerxía que se usan nunha cidade son moi diversas e , como pasa na maioría dos países desenrolados, baséanse en fontes non renovables como son o carbón, o petróleo e o gas natural. Estes recursos son limitados e o seu uso provoca problemas de contaminación na atmosfera. Por outra parte, os seus efectos a escala rexional e global relaciónanse co efecto invernadeiro e a alteración da capa de ozono.
O aproveitamento dos recursos esixe, polo que respecta á enerxía, cambios importantes: usar cada vez máis fontes de enerxía limpas e renovables, e seguir avanzando na mellora da eficiencia enerxética, que supón usar menos para obtelo mesmo rendemento.
Producir enerxía limpa; apostar polas renovabeis; freala dependencia das importacións enerxéticas, limitalo efecto invernadeiro…, son obxectivos ós que é difícil opoñerse. Pero en 1996, o último ano no que hai datos confirmados dos Quince, só o 5% da enerxía total consumida na Unión Europea respondía a estes criterios ecolóxicos. A UE defende duplicar en cada país o peso das renovables e chegar, no 2010, a unha media do 12% para os Quince.
As enerxías renovabeis poderían solucionar moitos dos problemas ambientais, como o cambio climático, os residuos radiactivos, as chuvias ácidas e a contaminación atmosférica. As enerxías renovabeis poderían cubrir un terzo do consumo de electricidade e reducilas emisións de dióxido de carbono nun 20% para o ano 2.005.
As estratexias de cambio dependen de todos, e non só das decisións e a planificación das administracións. Actualmente, moitas empresas renovan os seus productos e os seus procesos de fabricación con criterios de sostenibilidade, mentres as institucións estimulan cada vez máis a aplicación dos avances tecnolóxicos á solución dos problemas ambentais. O cambio está en marcha, pero todavía queda moito camiño que percorrer.
Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais