
O MERCADO DE ABASTOS MUNICIPAL, está situado na Praza de España do Mosteiro.
Conta diariamente cun posto de venda de flores e os sábados pola mañán con postos de legumbres, peixe, pan, chourizos e queixos, na maior parte produtos de proximidade.
Este ano nas II Xornadas de autopromoción vitivinícola de Meis – MeusViños celebrouse unha das actividades neste espazo, co fin de potenciar neste espazo os viños elaborados nas adegas deste Concello e pertencentes á DO Rías Baixas.
O mercado e os seus aseos están dotados de accesibilidade .