Meis está situado ó oeste da provincia de Pontevedra e esténdese dende o alto do monte Castrove ata as beiras do río Umia cunha extensión de 52 Km2. Limita ó Norte, con Vilanova de Arousa (coa parroquia de Baión); ó Sur, con Poio (parroquias de Combarro e Samieira) e Meaño (parroquia de Simes); ó Leste, con Portas (parroquia de Romai), Barro(parroquias de Curro, Agudelo e Valiñas) e Poio (parroquia de San Xoán de Poio), e ó Oeste, con Meaño (parroquias de Meaño, Xil e Covas) e Ribadumia (parroquias de Barrantes, Ribadumia, Besomaño e Lois).
Situación: Val do Salnés
Latitude, 42º 31’, Norte
Lonxitude 8º 42’ Oeste.
Altitude media: 55 m sobre o nivel do mar.
Extensión: 52 km²
A Armenteira, San Martiño de Meis, Meis, Nogueira,Paradela, San Lourenzo de Nogueira, San Tomé de Nogueira.
As elevacións máis destacadas son: O Castrove, 604 m; Monte da Escusa, 514 m; Fontefría, 396 m; San Amedio, 394 m e San Martiño 206 m.
Os seus ríos principais son o río Umia que é a estrema natural co concello de Vilanova de Arousa, entre as parroquias de Paradela en Meis e Baión, e mailo seu afluente o río Cañón que fai de estrema entre as parroquias de Lois (Ribadumia) e Paradela.
Outros regatos son o Armenteira, que verte as augas que nacen no Castrove no Umia tras recollelas do San Martiño e o Chas, afluente do Cañón.