A ruta da Pedra e da Auga transcorre polos concellos de Ribadumia e Meis. Unha ruta de 6.8 km con gran valor etnográfico na que encontraremos un gran número de muiños restaurados.
O comezo da ruta encontrase o lado da oficina de turismo de Ribadumia, na rotonda da VG 4.2 que una a AG-41 con Cambados e finaliza no Mosteiro da Armenteira.
Esta ruta está composta por 51 muiños que seguen a marxe fluvial do rio Armenteira . Un espazo natural que resulta ser un paseo único polo seu entorno, pola súa riqueza paisaxistica e pola súa riqueza natural que, ademáis de formar parte da nosa historia, está chea de lendas, ditos e adivinanzas.
Un dos muiños rehabilitado “O Muiño da Casa” está destinado a Centro de Interpretación dos Muiños, encadrado na rede cultural galaico-portuguesa.
Un edificio de planta cadrada onde poderemos descubrir as partes e o funcionamento dun muiño coa forza da auga do río, a través dunha exposición permanente mediante paneis informativos e vendo o funcionamento dun destes enxeños hidráulicos.
Encontramos ó longo da ruta A Aldea de Pedra representa a escala real e en granito as esceas da vida rural galega a comezos do século XX. Está formada por elementos tradicionais, coma un piorno de seis pés, cun reloxo de sol e cunha cruz artística, unha capela, un carro de vacas, unha cociña de pedra, unha fonte circular, etc.
Localización
Meis | Ribadumia
Acceso
Lonxitude
Punto de partida/chegada
Dificultade
Duración
Servizos
Máis información:

