O Concello de Meis está situado ó oeste da provincia de Pontevedra e esténdese dende o alto do monte Castrove ata as beiras do río Umia cunha estensión de 52 km 2

As parroquias que forman o Concello de Meis son: Armenteira, Paradela, Nogueira, Meis, San Martiño de Meis, San Lourenzo de Nogueira e Santo Tomé de Nogueira.

Limita ó norte, con Vilanova de Arousa (coa parroquia de Baión); o sur, con Poio (parroquias de Combarro e Samieira) e Meaño (parroquia de Simes); ó Leste, con Portas (parroquia de Romai), Barro (parroquias de Curro,Agudelo e Valiñas) e Poio (parroquia de San Xoán de Poio) e ó Oeste, con Meaño (parroquias de Meaño, Xil e Covas) e Ribadumia (parroquias de Barrantes, Ribadumia, Besomaño e Lois).

Situación xeográfica:

Latitude, 42º 31´, Norte e lonxitude 8º 42´ Oeste

Altitude media: 55m sobre o nivel do mar

Comunicacións:

Ferrocarril: A Estación da Portela en Barro, a de Portas e as de Vilagarcía de Arousa e Pontevedra son as máis próximas a Meis.

Estradas: Varias son as estradas que atravesan o territorio meisino e comunícano facilmente con Pontevedra e Vilagarcía de Arousa a través da C-531 que atravesa Meis polo norte; con Cambados pola estrada autonómica PO-300, á beira da cal se sitúa O Mosteiro, a capital municipal. Os distintos lugares únense entre eles e coa capital municipal por camiños locais asfaltados.

Autoestrada: A autoestrada A-9, que atravesa o oeste de Galicia e une as ciudades do Eixo Atlántico (Norte de Portugal, Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña…), ten unha saída, a 119, no lugar de Curro do veciño concello de Barro que desemboca no km0 Autovía do Salnés, xa en Meis.

Autovía: A Autovía do Salnés, que atravesa o concello de nordés a suroeste, achegou as xentes de Meis e tamén en conbinación coa autoestrada A-9 ás doutros lares de Galicia ó mar.

Conta con varias saídas que facilitan as comunicación dentro do concello e da comarca.

A saída 1, O Mosteiro, desemboca na capital municipal, O Mosteiro e conduce ás parroquias de Nogueira e Santo Tomé de Nogueira.

A saída 5, San Martiño de Meis, conduce á Area de Servicio de Meis e ás parroquias de Meis e San Martiño de Meis.

Á parroquia de Armenteira e ó Mosteiro que lle deu sona pódese acceder ben pola saída 5 ou ben pola seguinte, que tamén serve para achegarse a Barrantes (Ribadumia) ou Cambados.