Limpeza de fincas

En aplicación da lexislación vixente TÓDOLOS VECIÑOS TEÑEN A OBRIGA  DE MANTER AS SÚAS PROPIEDADES LIMPAS DE VEXETACIÓN E EN PERFECTAS CONDICIÓNS DE SALUBRIDADE, ORNATO E DECENCIA.

Lémbrase asemade A PROHIBICIÓN DE QUE A VEXETACIÓN DAS FINCAS PARTICULARES INVADA AS RÚAS E CAMIÑOS PÚBLICOS, DEBENDO OS SEUS TITULARES PROCEDER Á PODA OU CORTA DAS ESPECIES QUE INVADAN O DOMINIO PÚBLICO.

EN CASO CONTRARIO, DENDE O CONCELLO PROCEDERASE A SANCIONAR AOS DONOS DAS PARCELAS.

CARNÉ XOVE

A QUE ESPERAS A UTILIZAR O TEU CARNÉ XOVE?
AQUÍ ESTÁN OS ESTABLECEMENTOS DO CONCELLO ADHERIDOS A ESTE PROGRAMA…BENEFÍCIATE!!!

Adhesión ao Punto xeral de entrada de facturas electrónicas do Estado – FACE

Por acordo do Pleno da Corporación de data 11 de xuño de 2014 e Resolución de Alcaldía de data 4 de decembro de 2014 o Concello de Meis procedeu a adhesión ao “Punto general de entrada de facturas electrónicas del Estado (FACE)” de conformidade co artigo 6 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público así como ao establecemento dos códigos DIR3 da Entidade, de acordo coa súa estructura organizativa:

 

• Código  oficina contable: LO1360280

 

• Código órgano xestor: LO1360280

 

• Código unidade de tramitación:LO1360280

 

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da Disposición adicional 6ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable das facturas no Sector Público.

Centro de Acollida e Protección de Animais

Desde o pasado 8 de abril de 2013 está funcionando o Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia (CAAN), baixo a supervisión da Deputación de Pontevedra. O CAAN, que aspira a reducir o número de abandono de animais, é un exemplo de colaboración e apoio entre institucións.

Que facer se atopas un animal abandonado:

Se atopas un animal abandonado poderás dirixirte ó concello (de luns a venres no horario de atención ó público) 986712001 ou á Protección Civil de Meis 986712211, que será quen se encargue de canalizar o aviso ó CAAN a través das canles oficiais xa determinadas.

Para máis información,  pincha aquí e accederas á páxina web da CAAN.

Redución do importe do canon da auga

No DOG nº 222, do 18 de novembro de 2010, publicouse a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

No DOG nº 119, do 22 de xuño de 2012, publicouse o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. (máis…)

Recollida de enseres voluminosos e material de obras

O Concello de Meis ten á disposición dos seus veciños dous Contedores (un para a recollida de enseres voluminosos e outro para material de obras), ubicados nas instalacións do Mercado de Gando.

Deste servizo unicamente pódense beneficiar os particulares, quedando terminantemente prohibido o seu uso para as empresas.

Xa que logo, apelo a boa colaboración dos veciños de Meis, para que non depositen este tipo de material nos habituais contedores de resíduos sólidos urbanos (de cor verde), evitando cunha correcta reciclaxe o encarecemento do Servizo de Recollida do Lixo que pagamos entre todos.